Curso Bosquexos de campo
Para o próximo mes de decembro impartiréi un curso sobre Bosquexos de Campo na Aula de Natureza Juan Lembeye, do Xardín Botánico Ría do Burgo, en Culleredo.
Dous días á semana, dúas horas de debuxo xpress para exercitar a capacidade de observación e a retentiva, algo imprescindible cando tomamos apontamentos rápidos (no campo... ou na terraza dun bar!). Aí vai o cartaz.
Máis info na Consellería de cultura: tlf 981 665 597 ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Obradoiro de debuxo e ilustración da natureza
Trátase dunha actividade con vocación de permanencia, estructurada en 3 trimestres, cada un coa súa temática de traballo.
Hai a opción de apuntarse ao curso completo ou a un ou dous trimestres soltos, segundo o interese e os coñecementos de cada quen. Consecuentemente as tarifas varían.
Dúas horas, de 7 a 9, e dous días á semana (martes-xoves) é o programa prefixado, aínda que con certas posibilidades de variación.
Durante este mes de outubro está aberta a matrícula.
Achego o folleto cos detalles e folla de subscripción casi a tamaño 1:1, asi que podedes "pinchar e arrastrar" ao voso escritorio, para visualizalo completo ou imprimilo se é o caso.
Para matricularvos, enviade por correo a folla de inscripción incluida ou dirixídevos á secretaría do CEIDA: 981 630 618

XX
