Curso de Iniciación: Bosquexos de campo.
Proximamente novo curso, desta volta máis pertiño da casa e co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Culleredo (A Coruña).
Información: 981 665 597 ou no correo-e: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Hoxe na Casa das Ínsuas
Hoxe realizamos o obradoiro de bosquexos de campo na Casa das Ínsuas de Rábade… o tempo non acompañou moito e apenas poidemos asomar o bico na beira do Miño, pero polo demais, todo transcurríu segundo o previsto. Aproveitei para recoller a Exposición "Unha Ollada Natural", que o próximo día 18 levaréi para o Museo da Natureza da SGHN en Ferrol.


Cursiño "Bosquexo de Campo" no CEIDA
Os dias 14, 15 e 16 impartín o curso "Bosquexos de Campo" no CEIDA, Sta Cruz (Oleiros), coa asistencia de 31 persoas.
O curso consta dunha parte teórica e prácticas na aula e no campo (Sábado 16) e introduce nas técnicas específicas empregadas na realización de bosquexos de campo, as notas de primeira man que recolle o naturalista e o debuxante da natureza, e que son a base do traballo posterior.



Curso Bosquexos de campo
Para o próximo mes de decembro impartiréi un curso sobre Bosquexos de Campo na Aula de Natureza Juan Lembeye, do Xardín Botánico Ría do Burgo, en Culleredo.
Dous días á semana, dúas horas de debuxo xpress para exercitar a capacidade de observación e a retentiva, algo imprescindible cando tomamos apontamentos rápidos (no campo... ou na terraza dun bar!). Aí vai o cartaz.
Máis info na Consellería de cultura: tlf 981 665 597 ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

