Vai pasando o tempo, pero aínda da que falar o meu libro d´O Carballo, e espero que por moito máis!. Agora aparece unha reseña no blogue do Proxecto Voz Natura do Colexio Sada e Contornos:
http://voznaturasada.blogspot.com.es/
En breve faréi algunha presentación que teño comprometida n´A Coruña.
A Asociación Galega de Editores prepárase para a súa festa anual que terá lugar o 15 de marzo en Vigo, na que se darán a coñecer quen gañará cada unha das dez categorías dos seus premios anuais do que veñen de facer públicos os nomes finalistas.
Nun ano especialmente difícil para a edición, con disminución de títulos e tiraxes, a Asociación Galega de Editores, que preside Manuel Bragado, ven de propoñer as candidaturas ás dez categorías que se recollen nos Premios da Edición, galardóns que se coñecerán na VIII Noite da Edición que terá lugar o vindeiro 15 de Marzo en Vigo. Cos premios, o gremio da edición, quere recoñecer os distintos aspectos da produción literaria, desde a creación nos seus distintos xéneros até a mellor libro educativo ou ilustrado. Fina Casalderrey, Marcos Calveiro, Manuel Gago e Xornalistas de Galicia optan a autor/autora do ano.
Despois da votación das editoras asociadas, as candidaturas que concorrerán aos premios son as seguintes:
PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE FICCIÓN 2012
Outono aquí, de Mario Regueira, editado por Sotelo Blanco.
Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, editado por Galaxia.
As voces baixas, de Manuel Rivas, editado por Xerais.
PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE POESÍA OU TEATRO NO ANO 2012
Ruído de fondo, de Daniel Salgado, editado por Xerais.
Tigres de ternura, de Claudio R. Fer, editado por Toxosoutos.
O Silencio, de Mario Regueira, editado por Xerais.
Breizh, de Miro Villa, editado por Toxosoutos.
Os ángulos da brasa, de Manuel Martínez Torneiro, editado por Kalandraka.
Frase de trema, de Lorena Souto, editado por Espiral Maior.
PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE NON FICCIÓN ANO ANO 2012
Os señores da mentira. Política e Cultura en Galicia, de José Carlos Bermejo Barrera, editado por Lóstrego.
Herdeiros pola forza, de Manuel Gago e Xurxo Ayán, editado por 2.0 Editora.
Compendio de herbas máxicas, de Montse Rubio, editado por Baía Edicións.
O Carballo, de Carlos Silvar, editado por Baía Edicións.
Como falar e escribir en galego correctamente con fluidez, de Carlos Callón, editado por Xerais.
O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz, de Xerais.
PREMIO LOIS TOBÍO Á TRADUCIÓN NO ANO 2012
Diario de inverno, de traducido por Eva Almazán , editado por GALAXIA
Miguel Strogoff, traducido por Ánxela Gracián, editado por Baía Edicións.
Alén da fronteira: Sete poetas vascos, traducido por Isaac Xuvin, editado por Kalandraka Editora.
PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO AO LIBRO ILUSTRADO DO ANO 2012
Paxaro de mar e vento, ilustraso por Xosé Cobas, editado por Biblos.
Compendium de herbas máxicas, ilustrado por Montse Rubio, editado por Baía Edicións.
Almanaque musical, ilustrado por David Pintor, editado por Kalandraka Editora.
O Carballo, ilustrado por Carlos Silvar, editado por Baía Edicións.
Oso atrapabolboretas, de Susanna Isern & Marjorie Pourche, editado por OQO Editora
Verdedades, ilustrado por Xosé Tomás, editado por Biblos.
Cartas de inverno, ilustrado por Antonio Seixas, editado por Xerais.
PREMIO NEIRA VILAS AO MELLOR LIBRO INFANTIL E XUVENIL DO ANO 2012
Paxaro de mar e vento, de Tucho Calvo, editado por BIBLOS
O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, editado por Xerais.
A verdadeira historia da mosca da tele, de María Solar, editado por Galaxia.
Titiricircus, de Miguel Borines, Tatán, Tanxarina, editado por Kalandraka Editora CARRABUÑAS, de CharlottePardi, e editado por OQO Editora.
María Fumaça, de Uxía Senlle, editado por Galaxia.
A punta de pistola, de Fran Alonso, editado por Xerais.
Cartas de inverno, de Agustín F. Paz, editado por Xerais.
PREMIO XOSEFA IGLESIAS VILLAVERDE AO MELLOR LIBRO EDUCATIVO DO ANO 2012
Peixes. Cociña infantil, de varios, editado por Ouvirmos.
Inventario ilustrado de animais, de Virginie Aalakjidi, editado por Kalandraka.
Rosa Caramelo, de Adela Turín, editado por Kalandraka.
O Carballo, de Carlos Silvar, editado por Baía Edicións-
PREMIO ROSALÍA DE CASTRO Á INICIATIVA EDITORIAL DO ANO 2012
COLECCIÓN XORNALISTAS, de 2.0 EDITORA; OQO FILMES, de OQO Editora, GALAXIA TALES, de Editorial Galaxia; e John Balan, un yanqui en la Corte de Breogán, de Teófilo Edicións.
PREMIO XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ AO AUTOR/AUTORA OU COLECTIVO DE AUTORES EN LINGUA GALEGA NO 2012
Manuel Gago, Xornalistas de Galicia (VVAA), Fina Casalderrey e Marcos Calveiro.
Ás veces encárganlle a un cousas pouco comúns, como decorar abanos ou deseñar anagramas e estandartes para grupos folclóricos… pero desta volta o meu querido Penas Patiño superou as miñas expectativas: pediume que lle “tallara” barbas de balea. Lestes ben: barbas de balea!
Home!, eu sabía que os vellos baleeiros tallaban dentes de balea (xa sabedes que hai baleas dentadas, os odontocetos, e baleas “barbadas”, os mysticetos), e que coas barbas facíanse variñas para os paraugas e máis os xustillos das donas, entre outros apetrechos… pero tallar, tallar, imposible!… como comprobei. Aínda así atopei un xeito de decoralas: eliminándolles parte da capa externa escura que a as cubre e “debuxando” a forma co ton claro inferior que ía descubrindo. Mais non en todas se pode facer isto, así que tamén tiven que aplicar pintura nalgunha.
Patiño foi coautor dunha obra sobre cetáceos, focas e tartarugas da costa ibérica e, de "bucear" polas instalacións das vellas factorías baleeiras, foi arrepañando curiosos restos como estes que tivo a ben encomendarme.
Velaí vai o resultado!.




Celebración do II Aniversario da Sección Antela. Primeira parte.
Presentación de "A historia de Antela contada por unha cegoña ¡¡¡UN CONTO DE VERDADE!!!"
Xinzo de Limia, 04-02-2013
Os membros da Sección Antela foron fantásticamente acollidos no CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia o día 01/02/2013 para presentar unha vez máis "A historia de Antela contada por unha cegoña ¡¡¡UN CONTO DE VERDADE!!!", como parte dos actos da celebración do Día Internacional dos Humedais. No acto colaboraron un grupo de 5 rapaces que deron vida ás cegoñas protagonistas do conto que, como manda a tradición, transmiten os seus coñecementos de xeración en xeración.
Estando na terra das cegoñas e ademáis no antroido, os nosos protagonistas sorprendéronnos coa súa caracterización grazas a colaboración dos seus compañeiros que se encargaron do vestiario, como podedes ver nas imaxes que acompañan a reseña do acto en http://www.sghn.org.

