Onte, 14 de xuño, despraceime a Cedeira convidado pola A.N.P.A Picapeixe, do C.E.I.P. Nicolás del Río. Celebraban a VII Gala da Educación no Auditorio municipal e entregaban os seus Premios Picapeixe. Para a miña solpresa O Carballo mereceu o recoñecemento na modalidade de "proxecto socioeducativo" xunto con outra obra de Antón Cortizas e do grupo de teatro Ghazafelhos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O pasado día 3 tiven unha nova presentación do meu último libro O Carballo, no I.E.S. Isaac Díaz Pardo, de Sada. Unha hora "intensa" con alumnos de varios cursos que ateigaban a sala de actos. Mon dieu, pour quoi as fotos sairán tan "trepidadas" nos centros escolares?

Seguindo a rolda de promoción da miña última obra, o pasado 14 de maio presentei O Carballo no CEIP Ramón de La Sagra de A Coruña, ante unha numerosa troupe de alunos que ateigaban a biblioteca… e co meu sobriño Khalab fachendeando polo medio!.

O próximo mes quedame unha visita en Sada.

Este próximo venres 10 de Maio no Colexio Sada e Contornos de Sada, evidentemente, presentarei o meu libro O Carballo, editado por Baía Edicións. Previamente acompañaréi aos alunos nunha visita didáctica ao humidal d´As Brañas.


E para completar a xornada, ás sete da tarde, de novo teño presentación d´O Carballo, máis desta volta na Librería Carricanta de Betanzos. (https://www.facebook.com/libraria.carricanta)

 

Page 1 of 19

Calros Silvar |  info@calrossilvar.com  |  T. 696 476 956