Baía Edicións ten o pracer de convidarvos ao acto de presentación que terá lugar en Boiro o xoves día 17 de maio, ás 16:30 horas, no marco do II Romaría das Letras no Barbanza (Pazo de Goiáns. Lampón, Boiro), da novela titulada O alento nas costas, da que é autora a boirense Natalia Carou Figueira.
No acto, xunto á autora, intervirán Xesús Laíño, presidente de Barbantia, e Belén López Vázquez, Directora editorial de Baía Edicións, quen se encargarán de facer unha aproximación crítica a esta obra.
O venres 18 de maio, será Carlos Blanco o encargado de facer a presentación de O alento nas costas no local A Pousada das Ánimas en Boiro. Terá lugar no marco da actuación de Carlos Blanco.

